Moisés's Reviews > Chicas felizmente casadas

Chicas felizmente casadas by Edna O'Brien
Rate this book
Clear rating

by
4783191
's review

it was amazing

O libro (a triloxía) é unha lectura deliciosa, con amargura e sentido humor, escrito dunha maneira absolutamente brillante (aos pés da señora O'Brien: chapeau!). "Chicas felizmente casadas"... é difícil atopar un titulo máis irónico que este. O terceiro libro da triloxía de "Las chicas del campo" é para min o mellor, a amarga culminación da busca da felicidade que Kate e Baba emprenderon 700 páxinas antes nunha aldea irlandesa. Os personaxes cobran aquí todo o seu sentido: encántame que neste libro Baba teña máis protagonismo e sexa narradora de varios capítulos porque disfruto da súa acidez e da súa maneira dura de ser a mellor amiga repunante do mundo. Pero ata agora pensaba que era a miña favorita desta historia, porque é difícil querer a unha personaxe tan pusilánime como Kate. Agora doume conta do enorme valor de Kate como protagonista: probablemente un dos personaxes de ficción máis desgraciados que me atopei. O seu camiño, desde a primeira páxina da primeira novela, na que está asustada na cama intuíndo a chegada do seu pai borracho, ata a última desta terceira, é o camiño dalguén que pasa toda a súa vida buscando o amor: un amor idealizado, quizais imposible, que trata de alcanzar con torpeza aferrándose a sucedáneos, cada vez máis lonxe do seu obxectivo. Esa viaxe errática ten o seu momento cume (ou sima) cando renega do recordo da súa nai e se lle aparece como unha persoa odiosa. Kate e Baba, gárdovos un sitio entre os meus personaxes de ficción máis queridos.
2 likes · flag

Sign into Goodreads to see if any of your friends have read Chicas felizmente casadas.
Sign In »

Reading Progress

November 11, 2018 – Shelved as: to-read
November 11, 2018 – Shelved
May 15, 2019 – Started Reading
June 5, 2019 – Finished Reading

Comments Showing 1-3 of 3 (3 new)

dateDown arrow    newest »

Laura Sío Mellor non o poderías expresar! Un dos meus libros preferidos.


Moisés Laura, esquecín dicir que unha das mellores cousas desta triloxía é que a estou compartindo coas miñas mellores amigas/compañeiras de lecturas: Nati prestoume o primeiro libro, eu recomendeicho, ti liches os tres e prestáchesmos, agora estaos a ler Esme, eu voullos prestar a Trini... É fantástico compartir lecturas así.


message 3: by ana (new)

ana Pois xa me estades metendo cobiza. Apúntomo!


back to top