England expects that every man will do his duty
England expects that every man will do his duty (en galego: Inglaterra agarda que cada home cumpra co seu deber) foi un sinal enviado polo Almirante Horatio Nelson, 1º Barón Nelson dende o seu buque insignia HMS Victory cando a Batalla de Trafalgar estaba a piques de comezar o día 21 de outubro de 1805. Trafalgar foi o combate naval decisivo das Guerras Napoleónicas. Outorgou ó Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda o control do mar, evitando calquera posibilidade de que o Primeiro Imperio Francés invadise e conquerise Gran Bretaña. Malia que houbo unha gran confusión no tocante ás verbas exactas do sinal despois da batalla, a importancia da vitoria e a morte de Nelson durante a batalla fixeron que a frase ficase gravada na consciencia británica, e foise citada, parafraseada e referenciada en múltiples ocasións até a actualidade.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Daniel Mandel (2005-12). IPA Review, ed. "The ‘secret' history of the Anglosphere" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de decembro de 2007. Consultado o 14 de outubro de 2015. (en inglés)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: England expects that every man will do his duty |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- National Maritime Museum (en inglés)
- Páxina de The Historical Maritime Society sobre as citas erradas (en inglés)
- Royal Navy (en inglés)
- Primeira[Ligazón morta] e segunda parte[Ligazón morta] dunha breve historia do barco HMS Victory