Saltar ao contido

Douglas A-26 Invader

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Douglas A-26 Invader
Tipobombardeiro lixeiro e ataque ao chan
FabricanteDouglas Aircraft Company
Primeiro voo10 de xullo de 1942
Retirado1980 (Colombia)[1]
Unidades construídas2 503[2]

O Douglas A-26 Invader (designado B-26 entre 1948 e 1965) é un bombardeiro lixeiro e avión de ataque ao chan bimotor estadounidense. Fabricado por Douglas Aircraft Company durante a segunda guerra mundial, o Invader tamén serviu en varios conflitos principais da guerra fría. Un número limitado de altamente modificadas unidades da USAF serviron no sueste asiático ata 1969. Era un avi��n rápido capaz de levar unha gran carga de bombas. Podía equiparse cunha ampla gama de canóns para producir un formidable avión de ataque ao chan.[3]

Unha redesignación do modelo de A-26 a B-26 fixo que se chegase a confundir co Martin B-26 Marauder, que voara por vez primeira en novembro de 1940, uns 20 meses antes que o deseño de Douglas. Aínda que ámbolos dous modelos estaba equipados cos motores amplamente usados Pratt & Whitney R-2800 Double Wasp de 18 cilindros, eran deseños completamente distintos.

  1. Douglas A/B-26 Invader (ed.). "Air Forces that flew the A-26 Invader". Consultado o 7 de xullo de 2018. 
  2. Boeing (ed.). "Historical Snapshot: A-26/B-26 Invader Light Bomber". Consultado o 7 de xullo de 2018. 
  3. Wheeler 1992, p. 82

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Wheeler, Barry C. The Hamlyn Guide to Military Aircraft Markings. Londres: Chancellor Press, 1992. ISBN 1-85152-582-3.