Saltar ao contido

Danny Carey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDanny Carey

(2019) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Daniel Edwin Carey Editar o valor en Wikidata
10 de maio de 1961 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Lawrence, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversity of Missouri–Kansas City (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura1,96 m Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbatería , músico de jazz , compositor de cancións Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoJazz Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor en Wikidata
InstrumentoBatería Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoZoo Entertainment Editar o valor en Wikidata

Páxina webdannycarey.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0136927 Musicbrainz: b63a1df4-19dd-4cdb-a0f5-0e575d1f080f Discogs: 206290 Editar o valor en Wikidata

Daniel "Danny" Edwin Carey, nado o 10 de maio de 1961 en Lawrence (Kansas), é un batería estadounidense, actualmente na banda Tool. Tamén contribuíu en álbum de artistas coma ZAUM, Green Jellÿ, Pigface, Skinny Puppy, Adrian Belew de King Crimson, Carole King, Collide, The Wild Blue Yonder, Lusk e The Melvins.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O primeiro encontro de Danny coa batería foi cando tiña dez anos, cando se uniu á banda da escola e comezou a ir a clases privadas de caixa. Dous anos despois Danny comezou a practicar cunha batería e comezou a traballar cun profesor particular. Na escola de secundaria uniuse á banda de jazz e comezou a estudar cun novo profesor, desta vez especializado en jazz. A medida que avanzaban os seus estudos primeiro de secundaria e posteriormente na University of Missouri - Kansas City, foi ampliando os seus estudos de percusión con teoría dos principios da xeometría, ciencia e metafísica. Danny tamén tocou jazz mentres ía ao instituto e experimentou nesa escena en Kansas City.

Danny deixou Kansas e marchou cara aos Ánxeles, onde traballou como batería de estudio con bandas como a de Carole King e tocou en directo con Pigmy Love Circus. Tamén tocou en Green Jellÿ coma Danny Longlegs e gravou o álbum Cereal Killer. Finalmente entraría a formar parte de Tool despois de coñecer ao vocalista Maynard James Keenan e ao guitarrista Adam Jones. Ademais de Tool, Carey participou tamén doutros proxectos coma Pigmy Love Circus, VOLTO! e ZAUM.

Relixión e ocultismo

[editar | editar a fonte]

A pesar de que Carey non se alineou con ningunha escola filosófica ou relixión en particular, amosou un profundo interese na comprensión das artes máxicas, xunto con varias ciencias ocultas. Símbolos enoquianos, deseños xeométricos e instrumentos percusivos especialmente simbólicos poden atoparse na súa baterías. Tamén é colecionista de primeiras edicións de libros do ocultista Aleister Crowley, así como de libros dun dos discípulos deste, Kenneth Grant.