Puvirnituq
Aparencia
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Canadá | |||
Provincia | Quebec | |||
Rexión | Nord-du-Québec (pt) | |||
Concello rexional | Kativik (pt) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 2.129 (2021) (19,09 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 111,5 km² | |||
Comparte fronteira con | ||||
Datos históricos | ||||
Cronoloxía | ||||
Páxina web | nvpuvirnituq.ca |
Puvirnituq (en inuktitut: ᐳᕕᕐᓂᑐᖅ) é unha vila e comunidade inuit de Nunavik ao norte do Quebec, no Canadá. A súa poboación era de 1 779 habitantes segundo o censo canadense de 2016.[1]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome da vila significa "lugar onde hai un cheiro a carne podre". Este nome pecualiar pode ter orixe posíbel en dous acontecementos que ocorreron hai moito tempo na zona:
- Un rabaño de caribús foi arrastrado polo río Povungnituk cando o intentaba cruzar e os seus corpos acabaron preto da localización actual da vila, onde empezaron a descompoñerse e a desprender un cheiro acérrimo.
- Unha epidemia acabou coa vida da maioría dos habitantes da zona até o punto que non había xente abondo para enterrar os corpos, que ao quedar expostos, comezaron e emitir un cheiro pútrido.
Demografía
[editar | editar a fonte]Gráfica de evolución demográfica de Puvirnituq entre 1996 e 2021 |
Datos segundo o Statistics Canada.[2][3] |
Linguas
[editar | editar a fonte]En Puvirnituq, segundo o Instituto de Estatística do Quebec, a lingua máis falada na casa en 2011[4] sobre unha poboación de 1 680 habitantes era o inuktitut cun 90,48 %, seguido do francés cun 5,65 % e o inglés cun 3,27 %.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Hospital
-
Tenda
-
Vista do río Puvirnituq.
-
Rúa no inverno.
-
A vila preto do río Puvirnituq.
-
Cemiterio de Puvirnituq.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Census Profile, 2016 Census". Statistics Canada.
- ↑ "Profils des communautés de 2006". statcan. Consultado o 15 de decembro de 2021.
- ↑ "Recensement de 2016". statcan. Consultado o 15 de decembro de 2021.
- ↑ Institut de la statistique du Québec. Population selon la langue parlée le plus souvent à la maison, municipalités et TE du Nord-du-Québec et ensemble du Québec, 2011