Jay Buckey
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de xuño de 1956 (68 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Universidade Cornell Weill Cornell Medicine (en) Cornell University College of Engineering (en) W. Tresper Clarke High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | oficial , político , astronauta , médico |
Empregador | Dartmouth College |
Partido político | Partido Demócrata |
Lingua | Lingua inglesa |
Carreira militar | |
Rama militar | Forza Aérea dos Estados Unidos de América |
Tempo no espazo | 15 días, 21 horas e 50 minutos |
Misión do astronauta |
Jay Clark Buckey Jr., nado en Nova York o 6 de xuño de 1956 é un astronauta e político estadounidense que participou na misión STS-90. Pasou un total de 15,91 días no espazo.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É graduado en enxeñería eléctrica pola Universidade Cornell en 1977, e doutorado en medicina pola mesma universidade. Está casado con Sarah Woodroffe e ten un fillo e dúas fillas.[1][2]
Formou parte da tripulación do voo STS-90 como especialista de carga para a misión Neurolab, unha misión de 16 días do Spacelab adicada a investigar os efectos da microgravedade no sistema nervioso.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 NASA, ed. (2018). "Jay Clark Buckey, Jr. M.D Payload Specialist" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2017. Consultado o 23 de agosto de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Mark Wade (2018). "Buckey, Jay Clark Jr" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2018. Consultado o 23 de agosto de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jay Buckey |