Henrique
Aparencia
Henrique é un nome propio masculino de orixe xermana na súa variante galega-portuguesa. O seu feminino é Henriqueta. O nome procede do alemán Heinrich, de haim (morada, casa, patria) e rich (xefe, amo ,líder), polo que significa Amo da casa ou Xefe da patria.
Trátase dun nome moi popular por mor do seu uso habitual nas tradicións das casas reais, polo que hai moitas personalidades chamadas de Henrique.
Santoral
[editar | editar a fonte]13 de xullo: Santo Henrique, (Henrique II), emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico.
27 de xaneiro: Santo Henrique d'Ossó i Cervelló, sacerdote catalán, fundador da Compañía de Santa Tareixa de Xesús.
Variantes
[editar | editar a fonte]- Existe a variante Henzo derivada de Heinz (diminutivo do alemán Heinrich).
- Feminino: Henriqueta.
Variantes noutras linguas
[editar | editar a fonte]Variantes noutras linguas | |
---|---|
Castelán | Enrique |
Asturiano | Aique |
Árabe | هنريك ou إنريكي (Inrīkī ou Hinrīk) |
Alemán | Heinrich, Heinz |
Aragonés | Henrique |
Bretón | Herri |
Catalán | Enric |
Checo | Jindřich |
Croata | Henrik |
Danés | Henrik |
Escocés | Eanraig |
Eslovaco | Henrich |
Esloveno | Henrik |
Esperanto | Henriko |
Éuscaro | Endika, Henrike |
Finlandés | Henrik, Henri |
Francés | Henri |
Galés | Harri |
Galego | Henrique |
Xeorxiano | ჰაინრიხ (Hainrix) |
Grego | Ερρίκος (Erríkos) |
Holandés | Hendrik, Henricus |
Húngaro | Henrik |
Inglés | Henry |
Irlandés | Anraí |
Islandés | Hinrik |
Italiano | Enrico |
Latín | Henricus |
Letón | Heinrihs |
Lituano | Henrikas |
Maltés | Enriku |
Noruegués | Henrik |
Polaco | Henryk |
Portugués | Henrique |
Romanés | Henric |
Ruso | Генрих (Genrih) |
Sardo | Enrìcu |
Serbio | Хенрик (Henrik) |
Siciliano | Arricu |
Sueco | Henrik |
Ucraíno | Генріх (Genrih) |
Personaxes ilustres
[editar | editar a fonte]Emperador Romano-xermánico
[editar | editar a fonte]- Henrique I (876-936), chamado Henrique o Paxariñeiro, Duque de Saxonia (912- ?) e rei da Xermania (919-936).
- Henrique II.
- Henrique III, 1039–1056.
- Henrique IV, 1056–1106.
- Henrique V, 1106–1125.
- Henrique VI, 1190–1197.
- Henrique VII, 1308–1313.
Baviera
[editar | editar a fonte]- Henrique III, duque de Baviera (982-985).
Bélxica
[editar | editar a fonte]- Henrique I (1174-1216), Henrique de Flandres e de Hainaut. Rexente do Imperio Latino (1205-1206), despois emperador do devandito Imperio (1206-1216).
Borgoña
[editar | editar a fonte]- Henrique I de Borgoña (~944-1002) (Eudes-Henri ou Otton-Henri, segundo as fontes), chamado Henrique o Grande, duque de Borgoña (965-1002).
Castela
[editar | editar a fonte]- Henrique I de Castela (1204-1217), Rei de Castela (1214-1217).
- Henrique II de Castela, (1333-1379), rei de Castela (1369-1390).
- Henrique III de Castela o Doente, rei de Castela 1390–1406.
- Henrique IV de Castela (1454–1474).
Chipre
[editar | editar a fonte]- Henrique I de Chipre (1217-1253), Henrique de Lusiñán, Rei de Chipre (1218-1253).
Escocia
[editar | editar a fonte]- Henrique I rei de Escocia (1565–1567).
España
[editar | editar a fonte]- Mestre Enrique, arquitecto e escultor gótico (século XIII).
- Henrique Almaraz e Santos, bispo de Palencia (1893-1907).
- Henrique de Peralta e Cárdenas, bispo de Palencia (1659-1665).
Francia
[editar | editar a fonte]- Henrique I de Francia (°1008-†1060) Rei de Francia de 1031 a 1060 da dinastía dos Capetos.
- Henrique II de Francia (°1519-†1559) Rei de Francia de 1547 a 1559 dinastía Valois.
- Henrique III de Francia (°1551-†1589) Rei de Francia de 1574 a 1589 último da casa dos Valois.
- Henrique IV de Francia (°1553-†1610) Rei de Navarra 1572 a 1610 baixo o nome de Henrique III e Rei de Francia de 1589 e 1610 dinastía da Casa capeta dos Borbóns.
- Henrique V de Francia (°1820-†1883) Rei de Francia e Rei de Navarra 1844 a 1883.
Outros
[editar | editar a fonte]- Henrique de Orleáns (duque de Aumale) (1822 - 1897).
- Henrique, conde de París, coñecido como Henrique VI (1940-1999).
- Henrique, conde de París, duque de Francia, coñecido como Henrique VII (1999). Nado en 1933.
- Henrique VI (de Francia e de Navarra), de 1941 a 1975 é tamén o nome dado polos lexitimistas franceses a Xaime de Borbón e Battenberg (1908–1975), segundo dos descendentes do rei Afonso XIII.
Haití
[editar | editar a fonte]- Henrique I de Haití, primeiro rei autoproclamado de Haití.
Inglaterra
[editar | editar a fonte]- Henrique I (1068-1135), chamado de Henrique Beauclerc Rei de Inglaterra (1100-1135) e duque de Normandía (1106-1135).
- Henrique II Rei de Inglaterra.
- Henrique III Rei de Inglaterra 1216–1272.
- Henrique IV de Inglaterra (1399–1413).
- Henrique V, Rei de Inglaterra 1413–1422.
- Henrique VI Rei de Inglaterra 1422–1471.
- Henrique VII Rei de Inglaterra 1485–1509.
- Henrique VIII Rei de Inglaterra 1491 - 1547.
Luxemburgo
[editar | editar a fonte]- Henrique I, Gran Duque de Luxemburgo. (1955- )
Navarra
[editar | editar a fonte]- Enrique I de Navarra (finado en 1274), chamado Henrique o Groso, Rei de Navarra (1270-1274), conde de Meaux (1270-1274) e de Champaña (como Henrique III) (1270-1274).
- Henrique II de Navarra
- Henrique III de Navarra, dende 1589 foi ademais Rei de Francia como Henrique IV.
Polonia
[editar | editar a fonte]- Henrique de Sandomierz, duque de Sandomierz (1146-1166).
- Henrique I o Barbudo, duque de Wrocław (1201-1238) e duque de Cracovia (1232-1238).
- Henrique I de Polonia, (1551-1589), máis coñecido como Henrique III de Francia. Rei de Polonia (1573-1574), e despois Rei de Francia (como Henrique III) (1574-1589).
- Henrique II o Piadoso, Duque de Cracovia, de Silesia e da Gran Polonia.
- Henrique III, duque de Głogów (1273/1274-1309) e duque da Gran Polonia (1306-1309).
- Henrique III, duque de Wrocław (1248-1266).
- Henrique V, duque de Legnica (1278-1296) e duque de Wrocław (1290-1296).
Portugal
[editar | editar a fonte]- Henrique de Borgoña (°1057-†1112), conde de Portugal (1097-1114).
- Henrique o Navegante (Porto °1394-†1460) Infante portugués, duque de Viseu.
- Henrique I (1512-1580), chamado Henrique o Cardeal Rei de Portugal (1578-1580).