Kolombangara
Kolombangara | |
---|---|
Localización da illa. | |
Localización da illa | |
Situación | |
País | Illas Salomón |
Provincia | Occidental |
Arquipélago | Illas Nova Xeorxia |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 7°58′S 157°04′L / -7.967, -157.067 |
Xeografía | |
Xeoloxía | Illa volcánica |
Superficie | 705 km² |
Longura máxima | 34´2 km. |
Largura máxima | 27´3 km. |
Punto máis alto | 1.770 m. Monte Veve |
Demografía | |
Capital | Ringgi |
Kolombangara (ás veces escrito Kulambangara) é unha illa do grupo das Illas Nova Xeorxia ao sueste das Illas Salomón no océano Pacífico. O nome provén da lingua local, unha tradución aproximada do seu significado é "Deus da Auga" polos aproximadamente 80 ríos e regos que corrían polos seus flancos.
Xeografía
[editar | editar a fonte]De forma case perfectamente redonda e un diámetro de 15 km, a illa é un volcán que alcanza unha altitude de 1770 m no Monte Veve. A illa conforma o extremo sur do estreito de Nova Xeorxia e está separada ao noroeste de Vella Lavella e Ghizo polo golfo de Vella, e ao sueste de Nova Xeorxia polo golfo de Kula. A Oeste-Suroeste de Kolombangara atópase Ghizo, na que está Gizo, a capital da provincia occidental.
Kolombangara é moi boscosa, con poucos habitantes. Ten dous asentamentos notables: Ringgi e Mongga, o primeiro é o máis grande. A industria máis importante da illa neste momento é a explotación forestal.
Historia na segunda guerra mundial
[editar | editar a fonte]Durante a segunda guerra mundial a illa e as súas augas foron o escenario de moitas loitas. O Exército Imperial xaponés utilizou unha pista de aterraxe nun terreo plano en Vila na costa sur da illa, que en maio de 1943 era a base de varias unidades militares con máis de dez mil soldados acuartelados no lado sueste da illa baixo o mando do xeneral Minoru Sasaki, nun intento de establecer unha liña de defensa a través das Salomón centrais. Batallas navais próximas foron a Batalla do Golfo de Kula e a batalla de Kolombangara.
A batalla máis famosa e sanguenta foi a misión de interceptar o tren de subministracións "Tokyo Express" no que se produciu o ataque e a explosión do barco torpedeiro dos EUA PT-109, mandado por John F. Kennedy. O vixilante costeiro, Sub Tenente Arthur Reginald Evans, que mandaba un posto de observación segredo na parte superior do volcán Monte Veve na illa, viu a explosión. Despois de transmitir a noticia da explosión e perda do PT-109, mandou en canoa a dous nativos das Illas Salomón, Biuku Gasa e Eroni Kumana, a buscar posibles sobreviventes. Os seus valentes esforzos conduciron ao posterior descubrimento e rescate de John F. Kennedy e a tripulación sobrevivente.
Tres noites máis tarde os destrutores lograron afundir os barcos de fornecemento e o illamento da gornición dos 12.400 soldados alí destinados. Os xaponeses evacuaron Kolombangara entre o 23 de setembro e o 4 de outubro de 1943.
En xaneiro de 1944 un destacamento de 1 oficial e 6 soldados rasos do 350º Rexemento de servizos xerais de enxeñeiros destinado en Munda plantaron verduras na pista de aterraxe xaponesa abandonada en Vila. O goberno británico proporcionou 16 nativos masculinos para axudar co proxecto. Coas sementes adquiridas a través da Cruz Vermella Internacional, moitas verduras e vexetais foron enviados ao hospital da base para complementar as comidas deshidratadas que se servían aos veteranos en recuperación.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kolombangara |