Dance Gavin Dance
Dance Gavin Dance é un grupo de rock estadounidense con orixe en Sacramento, California, formado no ano 2005. O grupo está composto polos vocalistas Tilian Pearson e Jon Mess, o guitarra Will Swan, o baixo Tim Feerick e o batería Matthew Mingus. O grupo sufriu varios cambios de membros dende a súa formación, con antigos membros como os vocalistas Jonny Craig e Kurt Travis.
Dance Gavin Dance | |
---|---|
Actuación do grupo en 2009 | |
Orixe | Sacramento, California, Estados Unidos |
Período | 2005– |
Xénero(s) | |
Selo(s) discográfico(s) | Rise |
Membros |
|
Antigos membros |
|
Artistas relacionados | |
Na rede | |
Traxectoria
editarO grupo publicou o seu EP de estrea Whatever I Say Is Royal Ocean en 2006 e asinou co selo Rise Records. O seu álbum de estudio de estrea titulouse Downtown Battle Mountain e foi publicado en maio de 2007. Craig e o guitarrista Sean O'Sullivan deixaron o grupo sendo substituídos por Kurt Travis e Zachary Garren respectivamente. Publicaron o seu segundo álbum homónimo en agosto de 2008. O vocalista Jon Mess e o baixo Eric Lodge deixaron o grupo antes da publicación do álbum, sendo Jason Ellis o substituto de Lodge. Happiness, o terceiro álbum de estudio do grupo, publicouse en xuño de 2009.
No ano 2010 Jonny Craig, Jon Mess e Eric Lodge volveron ó grupo e gravaron o seu cuarto álbum de estudio, Downtown Battle Mountain II (2011). Craig e Lodge marcharon do grupo ó ano seguinte, mentres que o antigo vocalista de Tides of Man, Tilian Pearson, o baixo Tim Feerick e o guitarrista Josh Benton uníronse ó grupo. Publicaron o seu quinto álbum de estudio, Acceptance Speech en 2013. Benton deixou o grupo pouco despois da publicación deste álbum. O seu sexto álbum, Instant Gratification, publicouse en abril de 2015. Ó ano seguinte publicaron o seu sétimo álbum, Mothership, que chegaría ó posto número 13 da lista Billboard 200. En 2017 publicaron unha versión do sinxelo de Bruno Mars "That's What I Like" para o álbum Punk Goes Pop Vol. 7 e formaron parte da xira Vans Warped Tour. Publicaron o seu oitavo álbum de estudio titulado Artificial Selection en xuño de 2018, que acadou o posto número 15 da lista Billboard 200.
Estilo musical
editarO seu estilo musical foi descrito dentro dos xéneros do post-hardcore,[1][2][3] math rock,[1][4] rock experimental,[5][6] rock progresivo,[1][7] screamo,[7] jazz fusión[7] e emo.[3] A crítica comparou o grupo con outros como the Fall of Troy, Alexisonfire e Circa Survive.[7]
Membros
editar- Jon Mess – voz sucia (2005–2008; 2010–)
- Matt Mingus – batería, percusión (2005–)
- Will Swan – guitarra, teclado, coros (2005–), voz rapeada (2009–2016; 2020–), voz sucia (2008–2010)
- Tim Feerick – baixo (2009–2010; 2012–)
- Tilian Pearson – voz (2012–), voz sucia (2020–)
Liña temporal
Discografía
editarÁlbums de estudio
editar- Downtown Battle Mountain (2007)
- Dance Gavin Dance (2008)
- Happiness (2009)
- Downtown Battle Mountain II (2011)
- Acceptance Speech (2013)
- Instant Gratification (2015)
- Mothership (2016)
- Artificial Selection (2018)
- Afterburner (2020)
EPs
editarÁlbums de directos
editar- Live at Bamboozle 2010 (2010)
- Tree City Sessions (2016)
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Dance Gavin Dance". Sputnik. Consultado o 19 de xullo de 2017.
- ↑ "The 10 Best Dance Gavin Dance songs". altpress.
- ↑ 3,0 3,1 Corey Apar. "Dance Gavin Dance". AllMusic. Consultado o 17 de setembro de 2015.
- ↑ "Dance Gavin Dance". exclaim.ca. Consultado o 17 de setembro de 2015.
- ↑ "REVIEW: Dance Gavin Dance - 'Instant Gratification'". Under the Gun Review. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2015. Consultado o 17 de outubro de 2015.
- ↑ "Dance Gavin Dance - Acceptance Speech (album review 5) - Sputnikmusic". sputnikmusic.com. Consultado o 7 de xuño de 2015.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 Gregory Heaney. "Acceptance Speech". AllMusic. Consultado o 17 de setembro de 2015.
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |